Proxecto de Enerxía Limpa – Programa DUS 5000

Proxecto de Enerxía Limpa – Programa DUS 5000

Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

O Concello de Coles foi beneficiario dunha subvención ao abeiro do Real Decreto 692/2021, do 3 de agosto, polo que se regula a concesión directa de axudas para investimentos en proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Descrición da actuación

O proxecto, promovido polo IDAE, consiste na instalación de sistemas de enerxía solar fotovoltaica e medidas de mellora da eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas municipais, así como no impulso á mobilidade sustentable, co obxectivo de reducir o consumo enerxético e fomentar o uso de enerxías renovables no municipio de Coles.

Obxectivos do proxecto

  • Promover o uso de enerxías limpas e sostibles no ámbito local.
  • Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
  • Mellorar a eficiencia enerxética das instalacións municipais.
  • Contribuír ao cumprimento dos obxectivos do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Investimento e financiamento

  • Investimento total: 2.992.325,74 €
  • Importe da axuda concedida: 2.636.527,85 €
  • Programa de financiamento: Programa DUS 5000 – Real Decreto 692/2021
  • Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Medidas incluídas no proxecto

Medida 1 – Rehabilitación enerxética de edificios municipais

Actuacións en:

  • Polideportivo de Albán,
  • Casa do Concello
  • Biblioteca Municipal.

Substitución de ventás e lucernarios, instalación de recuperadores de enerxía e renovación de luminarias. Estas accións permitirán mellorar a eficiencia enerxética e reducir o consumo eléctrico dos edificios municipais.

 

Medida 2 – Instalacións fotovoltaicas con almacenamento

Executaranse seis instalacións fotovoltaicas con sistemas de almacenamento nos seguintes emprazamentos:

  • Polideportivo de Albán,
  • Viveiro de Emprego
  • Edificio de Protección Civil
  • P.I. Antonio Failde,
  • Biblioteca Municipal
  • Centro Hípico A Barra.

Estas instalacións permitirán xerar enerxía eléctrica renovable para o autoconsumo dos servizos municipais, reducindo a dependencia enerxética e as emisións de CO₂.

Medida 3 – Substitución de sistemas térmicos por equipos eficientes

Actuacións de climatización, refrixeración e auga quente sanitaria (ACS) en

  • Polideportivo de Albán,
  • Casa do Concello
  • Biblioteca Municipal

Substituiranse as antigas caldeiras de gasóleo e radiadores eléctricos por sistemas de alta eficiencia e baixo consumo, reducindo así a pegada de carbono do municipio.

Medida 4 – Renovación do alumeado público e telexestión

O alcance da actuación é a substitución de 1.139 luminarias do alumeado público municipal por novas de tecnoloxía LED, equipadas con regulación multinivel para adaptar a intensidade lumínica segundo os horarios nocturnos e o tipo de vía.

Ademais, implementarase un sistema de telexestión en cadros eléctricos, que permitirá unha xestión máis eficiente do consumo e do mantemento das instalacións municipais, así como do alumeado público.

Con esta actuación conséguese unha redución de potencia de 95,10 kW a 47,97 kW e un aforro enerxético estimado do 51 %.

Medida 5 – Mobilidade sustentable

Adquisición e posta en servizo dun vehículo eléctrico enchufable, en substitución dun convencional (con achatarramento), xunto coa instalación dun punto de recarga eléctrica. Esta actuación impulsa a mobilidade sustentable na frota municipal e contribúe a reducir o consumo enerxético anual de 12.637 kWh a 2.695 kWh.

Impacto ambiental e enerxético

As actuacións contempladas no Programa DUS 5000 suporán:

Incremento da xeración local de enerxía renovable.

Mellora da sustentabilidade e redución dos custos enerxéticos municipais.

Coas actuacións 1 e 3 reduciranse as emisións de 213,8 kgCO₂/m² a 15,1 kgCO₂/m².

Coa actuación 4 diminuirá a potencia de 95,10 kW a 47,97 kW, acadando un aforro enerxético estimado do 51 %.

Coa actuación 5 reducirase o consumo de enerxía final anual de 12.637 kWh a 2.695 kWh.

Compromiso coa transición enerxética

O Programa DUS 5000 representa un impulso decisivo para a transición enerxética nos municipios rurais. Grazas a estas inversións, Coles avanza cara a un modelo máis sostible, eficiente e respectuoso co medio ambiente, mellorando os servizos públicos e a calidade de vida das súas veciñas e veciños.

O Concello de Coles, en liña cos compromisos do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, continúa desenvolvendo iniciativas en materia de eficiencia enerxética e enerxías renovables para acelerar a descarbonización, fortalecer a súa resiliencia climática e garantir un futuro enerxético máis limpo e sostible, servindo de exemplo á cidadanía no acceso a fontes de enerxía seguras e accesibles.

 

Deixa unha resposta