Saúdo do Alcalde

Estimados veciños, veciñas e visitantes do noso Concello:

Como Alcalde do Concello de Coles, dou a benvida á páxina web oficial do Concello, que ten o obxectivo de crear un espazo de información e comunicación entre a Administración e a cidadanía.

Na actualidade, as redes constitúen unha ferramenta importante e imprescindible para dar a coñecer a nosa xente e a calquera persoa, o traballo que se realiza dende os distintos departamentos municipais, e dende outros ámbitos locais.

A tecnoloxía permítenos construír un espazo de comunicación do que todos formamos parte, facilitando a creación do noso proxecto social en Coles.

A través da páxina web poderemos coñecer as vosas necesidades, suxestións e críticas á xestión do equipo de goberno. Unha xestión á que lle daremos a maior transparencia posible, pero que precisará da vosa participación para que sexa o que todos necesitamos. Para a nosa vocación de servizo público é fundamental a túa contribución, e así, coñecer o que necesita o noso Concello e darlle a mellor solución.

Pola miña banda, comprométome a poñer todo o meu esforzo e capacidade, xunto cos concelleiros, e os empregados e empregadas do consistorio, para facer do Concello un axente dinámico dos servizos públicos, comprometido coa igualdade, o benestar, a integración e a cohesión social. Apostamos firmemente pola educación e o coñecemento, facendo de Coles unha vila emprendedora e tecnolóxica que sabe escoitar e responder con eficiencia ás demandas dos seus empresarios e comerciantes. E, sobre todo, facer de Coles unha vila sostible que aproveite os seus recursos para crear condicións favorables para a creación de emprego.

Como Alcalde, estarei sempre ao servizo do noso pobo e dos seus cidadáns. Na rúa ou no despacho escoitarei as propostas que me fagades, xa que sen a vosa colaboración non poderemos construír os Coles que todos queremos.

Un afectuoso saúdo.