Plan de igualdade

CENTRO DE INFORMACION ÁS MULLERES (CIM)

O CIM é un servizo de información ás mulleres, dependente da Mancomunidade Santa Agueda, que proporciona con carácter permanente:

  • Asesoramento xurídico
  • Atención psicolóxica.
  • Orientación profesional
  • Información en materia de recursos e axudas
  • Calquera outra información encamiñada a consecución da igualdade da muller
  • Información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades aos grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden.

A identidade das usuárias é anónima para a sua protección, salvo que manifestes a súa decisión contraria. O persoal do CIM garantirá a privacidade das comunicacións, coa finalidade de respeitar o principio de confidencialidade.

Asi mesmo, procurase sempre o respeito á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.

Atendendo ó interese e importancia desde servizo público, será de carácter gratuito para todas as mulleres.

O horario de atención ó publico do CIM, é de luns a vernes, na Pena de Readegos (sede da Mancomunidade).