I CONCURSO DE ILUMINACIÓN E DECORACIÓN DE NADAL – CONCELLO DE COLES

Este Nadal animámoste a participar no Concurso de Iluminación e Decoración de Coles. É unha oportunidade para que ti, a túa familia ou o teu barrio amosedes creatividade, espírito festivo e axudedes a darlle máis vida ao noso concello durante estas datas.

Modalidades
Categoría A: Vivendas particulares visibles dende a vía pública.
Categoría B: Espazos ou zonas comúns decorados colectivamente.

Inscrición
Ata o 22 de decembro de 2025, nas oficinas municipais ou no correo: ana@concellodecoles.org. Indica datos persoais, categoría, enderezo, teléfono e achega unha fotografía da decoración.

Valoración
As visitas do xurado realizaranse entre o 26 e o 30 de decembro de 2025. Valorarase creatividade, orixinalidade, estética, iluminación, materiais sostibles e adornos feitos a man (máx. 100 puntos). As imaxes poderán difundirse nos medios municipais.

Premios
En cada categoría haberá 1º, 2º e 3º premio: produtos locais + diploma. Posibilidade de mencións especiais.

Fallo e entrega
Publicaranse nos medios municipais. A entrega terá lugar o 10 de xaneiro de 2026 no Concello.

Participar implica aceptar as bases e o tratamento de datos segundo a normativa vixente.